A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou ao pagamento dunha multa de 900 euros a un home por propinarlle “unha forte puñada na cara” a outro nunha rúa da Pobra do Caramiñal. O tribunal, que o considerou autor dun delito de lesións, tivo en conta a agravante de reincidencia e as atenuantes de reparación do dano, confesión tardía e dilacións indebidas. Ademais, impúxolle o abono dunha indemnización á vítima de 2.000 euros, así como a prohibición de comunicarse aproximarse a ela durante cinco anos.
A Pobra celebra as XXVIII Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán cunha ducia de citas culturais durante o mes de outubro
A Pobra do Caramiñal volverá render homenaxe a Ramón del Valle-Inclán durante o mes de outubro coa celebración das XXVIII Xornadas de Homenaxe ao escritor. A programación, que se desenvolverá entre os días 16 e 31, reunirá unha ducia de citas culturais gratuítas,...



