Xa podemos reservar praza nas Escolas Deportivas de Porto do Son

12 Setembro 2022

O Concello de Porto do Son presentou o programa anual das Escolas Deportivas, que teñen a data de comezo fixada para este 3 de outubro e que ofrece unha deslocalizada e variada axenda de actividades en diferentes parroquias (Santa Irene no Son, Portosín, Queiruga, Xuño, Caamaño e San Pedro) e para diferentes treitos de idade: predeporte, acrobacias, baile moderno, pilates, cross training júnior, combat ou spinning . Por certo que unha parte do programa foi concibida para achegar hábitos deportivos e saudábeis para a poboación sénior do concello, a través dos cursos de mantemento de maiores. Xa se poden facer as inscricións no rexistro ou na sede electrónica local. A información sobre as actividades pode solicitarse a través de deportesdoson@gmail.com e a través do teléfono 981 76 77 58.

Outros artigos

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...