Vilagarcía comeza dominando na Regata Alca do Club Náutico Arousa Norte (A Pobra)

15 Setembro 2022


As embarcacións Corsario, Fixius e Galopín impuxéronse e nas súas clases na 1º manga da regata Alca, organizada polo Club Náutico Arousa Norte da Pobra do Caramiñal.

A saída da primeira manga deuse con puntualidade británica ás 14:00h desde as inmediacións do C.N. Arousa Norte, cun vento de 8 nós de compoñente sur. O comité de regatas elixiu un percorrido curto de 7 millas circunnavegando a illa de Rúa.

O primeiro da frota en cruzar a liña de chegada foi o Corsario de José Jorge Durán, do C.E. Vilagarcía. A vantaxe que obtivo sobre as demais embarcacións lle valía para levar o primeiro posto na clase Regata tras a compensación de tempos. Segundo era o Chispetrén, do C.N. Arousa Norte e terceiro colocouse o Ziralla do Ro Yatch Club.

Na clase Cruceiro-Regata quen levou o gato á auga foi o Fixius de Miguel Pérez-Lafuente, do C.N. Vilagarcía. Xusto por detrás entraba o Cámping Ría de Arousa, do C.N. Arousa Norte, que comeza a regata cun segundo posto na súa marcadora. O terceiro caixón do podio ocupábao o Piko Norte, representando ao C.N. Boiro.

Na clase Cruceiro o dominio nesta ocasión foi do Galopín de Manuel Franco, do C.N.D Ribeira, que comeza a regata cun primeiro posto. O Orlando e o Thor II, do club local foron segundo e terceiro, respectivamente.

O vindeiro sábado 24 de febreiro celebrarase a segunda do catro mangas desta 4º edición 2022 da Regata Alca.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Dous prestixiosos espectáculos de danza chegan á Pobra polo Nadal

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza dous espectáculos de danza na localidade con motivo do Nadal 2024. "As artes escénicas son a pedra angular da axenda cultural da Pobra do Caramiñal nestas datas tan significativas con tanta vitalidade no noso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión