UXT Xustiza denunciou que a Xunta enviou ao Rexistro Civil de Noia unha impresora “que non cabe pola porta”

21 Setembro 2022

UXT Xustiza denunciou que a Xunta de Galicia enviou ao Rexistro Civil de Noia unha impresora “que non cabe pola porta”. Con isto pretenden poñer de manifesto o pouco espazo do que dispoñen os traballadores, aínda que a Administración autonómica ha defendido que se trata de algo puntual, dado que se instalará nun despacho determinado que require desmontar a porta.

Segundo explica o sindicato nunha nota recollida por galiciapress “a porta de acceso á dependencia do Rexistro Civil é tan estreita que a impresora que enviou a Xunta non cabe e van ter que tentar metela pola xanela”. O Goberno galego recoñéceo, pero xustifícano pola instalación da impresora “nun despacho determinado”.

Ante a falla de solución UXT-XUSTIZA presentou unha queixa na Valedora do Pobo a fin de que requirise á Xunta unha “solución inmediata” ao problema de espazo que, ademais, “causa enormes danos ás vítimas de violencia de xénero ás que non se lles garante a separación necesaria respecto do agresor”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.