Unha borrasca atlántica situada ao noroeste da Península deixará ceos nubrados ou cubertos en Galicia, con choivas que na súa metade oeste serán máis intensas e localmente persistentes durante a primeira metade do luns, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Durante a noite deste luns, A Coruña e Pontevedra rexistrarán precipitacións de ata 40 litros por metro cadrado en doce horas, polo que se activou a alerta amarela.
Galicia permanece na influencia das baixas presións, con ventos do suroeste que impulsan o avance da fronte fría cara ao leste.
Así, teremos unha xornada de ceos cubertos en xeral con choivas máis intensas na metade oeste durante a mañá. Tras a fronte, chuvascos máis probables ao sur. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará de compoñente sur moderado, con intervalos fortes no litoral oeste.
Temperatura do aire (°C) | MINMAX 18° 24° |
Temperatura da auga (°C) | 16° |
Índice ultravioleta máx. | 5 |

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 5 a 7 á mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Media vaga á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:31 | 1.4 m |
Preamar | 12:00 | 2.9 m |
Baixamar | 18:24 | 1.3 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:24 | 1.5 m |
Preamar | 11:54 | 2.9 m |
Baixamar | 18:20 | 1.4 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:27 | 1.4 m |
Preamar | 11:58 | 2.9 m |
Baixamar | 18:23 | 1.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)