Un vendedor ambulante queima os pés ao arder o seu posto de venta en Porto do Son

O 112 Galicia atendeu preto dunha ventena de chamadas de persoas particulares que solicitaban asistencia urxente polo incendio nun posto de venta ambulante en Porto do Son.

As chamas era completamente visibles desde varios puntos, o que suscitou a maior parte das comunicacións co 112.

Achegábanse as cinco desta madrugada cando foi activado o dispositivo de extinción e salvamento por un posto de roupa que ardía na Avenida de Galicia de Porto do Son. As consecuencias foron evidentes para a persoa á fronte do posto, un home, que sufriu queimaduras importantes nos pés. Ademais, a súa muller, tamén presente no punto de venta, recibiu asistencia médica por unha crise nerviosa.

Así, a maiores dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ribeira e dos membros do GES de Noia co fin de atallar este incendio, que podía apreciarse desde diferentes puntos da vila, tal e como se podía apreciar a través das case 20 chamadas de persoas particulares que se atopaban pola contorna.

O posto de venta resultou completamente calcinado, apenas puideron salvar algúns obxectos persoais e algo de mercadoría. 

Cómpre indicar que este operativo completouse co apoio dos axentes da Garda Civil que investigan as causas do incendio.

remitida