Un traballador resulta ferido ao cortarse cunha rebarbadora en Noia

02 Setembro 2022

Ás 11:30 horas desta mañá, un particular que se atopaba nos arredores da piscina municipal de Noia informaba ao 112 Galicia de que un obreiro, que traballaba nunha obra na beirarrúa se cortara cunha rebarbadora e precisaba asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, dende o 112 pasouse aviso aos servizos de emerxencias pertinentes. Así, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou unha ambulancia. Ademais, tanto o GES de Noia como a Policía Local enviaron efectivos ao punto. Tamén foron avisados os axentes da Garda Civil e Protección Civil da localidade, aínda que finalmente non interviñeron.

Tras ser atendido no lugar polo persoal sanitario, o ferido foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario compostelán.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.