“Turbulencias no mar de fora”. Antón Luaces

Este luns comeza unha das máis duras andainas da frota pesqueira galega e nacional, xunto ás de Portugal, Francia e Irlanda, entre outros Estados membros da Unión Europea: ábrese o debate, no seo do Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE no que, ben seguro, a estrela vai ser o veto á pesca con artes de fondo cuxo protagonismo en augas atlánticas corresponde, desgraciadamente e unha vez máis, aos barcos galegos que, como é coñecido sobradamente, marcan -mesmo con centos de mariñeiros mortos e desaparecidos- a historia pesqueira dos más de 16.000 quilómetros cadrados de mar nos que, na segunda semana do mes que ven, ninguna embarcación de pesca que empregue artes de fondo poderá largar as súas artes. Só un miragre -inesperado, obviamente-  pode facer mudar o rumbo dos designios xa deseñados pola Comisión Europea que comanda Virginijus Sinkevicius. Esta zona marítima integra un toital de 57 zonas que dispoñen de espazos nols que se sabe con certeza que existen ecosistemas mariños vulnerables e outros 30 que non se especifican pero que se supón podería habelos, polo que se consideran zonas sensibles. Este feito contraponse á sensibilidade económica e social de milleiros de familias agora mesmo dependentes da pervivencia dese case mil barcos que, ou ben amarran por tempo indefinido nos seus portos base ou ben ir ao despezamento ou, infrffavalorados, á venda porque destinalos a outras artes  non semella cousa doada.

Ninguén entende este veto ós aparellos de arrastre de fondo, dragas, redes de enmalle de fondo, palangre de fondo, nasas e almadrabas, pero a inmensa maioría da xente do mar concorda en que a Comisión Europea da deste xeito as razón a aquelas organizacións ecoloxistas que, coa fórmula dos lobbies comunitarios, levan anos formulando a necesidade de que a UE elimine todo canto signifique “arar” os fondos mariños sen ter en conta o beneficio que ese “traballar” leva anos colaborando na rehabilitación  de amplas zonas do fondo mariño que, de non ser polas artes de fondo, moi probablemente nen siquera existirían a día de hoxe.

Para o eurocomisario Sinkevicius pechar o 17% da área entre 400 e 800 metros de profundidade ás artes de pesca de fondo é o cumprimento do compromiso comunitario “de protexer e restaurar a vida mariña”- Pero nada dí  de como se vai protexer e restaurar a vida de, como mínimo, 14.000 familias que na UE dependen das artes de fondo no sector pesqueiro.

Sinkevicius sabe  o esforzó que significa que case un milleiro de barcos abandonen a súa actividade estrativa de fondo. El mesmo o recoñecía. Pero o eurocomisario non vive da pesca con artes de fondo. Porque NO FONDO el vive por ocupar un despacho e argallar alí onde nunca tivo pito que tocar porque a pesca non lle da vida, non lle da de comer. E, con algo de sorte, cando cese como eurocomisario poderá seguir o vieiro que outros eurocomisarios seguiron da man de organizacións ecoloxistas ás que prestou impagables servizos contrarios a buques de pesca, tripulantes e familias destes.