Suspendido o amigábel entre o Rotogal Boiro Voleibol e o Emevé

09 Setembro 2022

O amigábel que o Emevé e o Rotogal Boiro Voleibol ían disputar este sábado 10 no Pavillón Municipal de Lugo foi suspendido. As baixas do conxunto da Cachada propiciaron a cancelación do choque. O central Mario Iglesias sufriu unha lesión nos isquiotibiais que lle manterá ao redor de dez días afastado das canchas. Ademais, ao conxunto que dirixe Emilio Palacio aínda non se incorporaron o tres estranxeiros: o central Wu Cheng-Tang, o oposto Gerónimo Elgueta e o receptor Kleist Mendonça.
Agora, o Rotogal Boiro Voleibol traballa para pechar novos amigábeis. O próximo partido dos da
Cachada será o sábado 17 en Pontevedra, correspondente ás semifinais da Copa Galicia. O
rival será o Vigo.

Choque co Emevé na pasada tempada

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...