Rescatado un operario por unha caída nun barco en Porto do Son

13 Setembro 2022
Remitida

O operario quedou nunha complicada posición entre as tubaxes da sala de máquinas da embarcación, o que implicou o seu rescate mediante unha padiola con cordas por parte dos servizos de emerxencia. Posteriormente, foi trasladado noutro barco ao peirao de Portosín, onde foi atendido polos servizos sanitarios e evacuado ao Hospital do Barbanza.

Os feitos sucederon no peirao pesqueiro, en Portosín, ao fío das 11:30 horas.6

Nese momento, o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente laboral a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

De xeito inmediato, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil, dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro e do GES de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.