Outes será unha das paradas dun proxecto de participación veciñal arredor das historias locais: Facer Memoria

15 Setembro 2022

A compañía Berrobambán iniciará este mes, no concello de Mañón, a segunda temporada de Facer Memoria, un proxecto escénico e participativo que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña e que proseguirá a súa xira por Teo, Carballo e Outes. En palabras dos responsábeis da compañía, en Facer Memoria esváense “os límites entre escenario e patio de butacas, de xeito que se lle brinda voz ao público para contar no teatro as súas lembranzas”. A iniciativa é conducida pola dramaturga e narradora oral Paula Carballeira baixo a dirección de Chiqui Pereira. Segundo anunciaron, tamén terá formato podcast, ou sexa, de arquivo sonoro dispoñíbel online.

O proxecto parte da tradición oral, “da creación comunitaria e da descuberta colectiva”, para desenvolver “un proceso teatral que desemboca nun encontro-espectáculo no auditorio municipal de cada concello no que a veciñanza participante intervirá sobre as táboas”, sinalouse na presentación, engadíndose que os seus obxectivos principais pasan por “coñecer a historia dos lugares que habitamos e a nosa contorna directa, recuperar a memoria oral, conservar a lingua e dar valor á memoria individual como paso previo para reconstruír a memoria colectiva”.

Calendario e parroquias

A primeira parada desta nova etapa de Facer Memoria desenvolverase nas parroquias de Grañas do Sor e Bares de Mañón dende o vindeiro luns, 19 de setembro, até o domingo 25.

Xa en outubro, no marco da programación do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT Carballo), Facer Memoria pivotará entre as parroquias carballesas de Oza e Verdillo ao longo da semana que vai dende o luns 3 ao domingo 9. En novembro, Berrobambán visitará os lugares de Cando e San Lourenzo, no concello de Outes, na semana do 7 ao 13. E por último, despedirá a súa segunda edición coa súa incursión en Teo, nas parroquias de Oza e máis dos Tilos, entre o 21 e o 27 de novembro.

Escena e podcast

O proxecto desenvolve ao longo dunha semana un completo programa de accións e actividades que inclúe entrevistas individuais con veciños e veciñas que queiran compartir as súas experiencias vitais, xuntanzas abertas nos centros sociais de cada parroquia, reunións con escolares que teñan traballado na aula a recuperación da memoria local e, finalmente, un encontro-espectáculo no que participen as persoas entrevistas.

Como novidade nesta segunda edición, Facer Memoria tamén espalla o seu eido de acción ao son e a imaxe, xa que todas as entrevistas serán gravadas. Con este material, desenvolverase unha peza sonora, en formato de podcast, na que se recollen algunhas das historias contadas pola veciñanza para ampliar a súa difusión. Ademais, artellarase unha peza audiovisual a xeito de resumo da actividade de Facer Memoria en cada un dos concellos.

Outros artigos

Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

Dende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren este mércores 11 de decembro a fase...

+

A Misela achega este domingo en Porto do Son un concerto de Nadal

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este domingo 15 de decembro un concerto de Nadal a cargo da agrupación noiesa A Misela, a partir das 19.30 horas, organizado pola Área de Cultura municipal e dentro da programación de actividades elaborada para estas...

+

Outes acolle esta “finde” a súa Feira de Nadal

O Concello de Outes organiza esta fin de semana unha actividade de celebración de Nadal que tamén conmemora e reivindica un xeito saudábel e responsábel de consumir e festexar estas festas, en clave de proximidade: a Feira de Nadal en Outes, un punto de encontro na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...