Outes retoma a súa gran festa da bicicleta este domingo 11 de setembro, da man do CC Revoltas e o Concello

10 Setembro 2022

Logo da pausa da pandemia, regresa a Outes a festa do ciclismo. O CC Revoltas xunto con Concello de Outes organiza para o domingo 11 de setembro de 2022 a VI Marcha Interxeracional en bicicleta, con saída do CEIP de Outes, en dirección até Santo Ourente para volver logo case polo mesmo camiño. Será, en palabras da organización, “o clásico percorrido que tanto gustou nas edicións previas á COVID”. Unha vez máis, apostarase pola velocidade reducida para lograr “a máxima participación”, con xente de todas as idades e condicións físicas (de aí o de “interxeracional”). De feito o trazado non ten dificultade algunha nin desniveis, polo que é “perfectamente realizábel para calquera participante”. En Santo Ourente os ciclistas participantes desfrutarán dun avituallamento para recuperar folgos e volver con forza. Á volta, no colexio da Serra, haberá outro avituallamento para poder “repoñer forzas con uns pinchiños”, explican dende a organización. Quen precise máis detalles da proba tenos na web de Revoltas Ciclistas.

A hora de saída será ás 10 horas da mañá dende o CEIP Serra de Outes. Todo o percorrido será por estradas secundarias e apto para calquera tipo de bici.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.