Outes recuperará o río Tines coa axuda de especialistas en medio ambiente das nosas universidades

29 Setembro 2022

Especialistas das nosas universidades van colaborar na recuperación da contorna fluvial do río Tines ao seu paso por Outes. En concreto, o seu obxectivo será “renaturalizar e recuperar para a cidadanía o tramo fluvial urbano do río Tines ao seu paso polo concello de Outes, na provincia da Coruña”. Esta é a finalidade do proxecto Renatur_Outes, un traballo subvencionado cun millón de euros pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e no que se reúne a participación das tres universidades públicas galegas, o Centro de Estudos Eurorrexionais de Galicia e norte de Portugal, CEER, o Concello de Outes, que lidera o proxecto, e a Fundación Montescola.

Por parte da Universidade de Vigo participa no proxecto o grupo de investigación de Agrobioloxía Ambiental: Calidade, Solos e Plantas, ao que pertence o catedrático Luís González, responsábel deste traballo na UVigo, quen explica que a iniciativa Renatur_Outes xurde “tras observarse a necesidade de recuperar o bosque de ribeira, actualmente escaso neste treito, e prolongalo onde fose posíbel coa carballeira climatófila da zona”, salienta o investigador, poñendo o foco na “presenza de infraestruturas construídas de forma pouco harmónica co medio, á existencia de barreiras transversais que impiden o continuo fluvial, de acumulación de residuos urbanos na bacía do río, á confirmación de especies invasoras e á existencia de espazos de reducida biodiversidade, produto de actuacións anteriores”.

Para conseguir todos estes obxectivos, o catedrático da UVigo explica que o proxecto contempla a elaboración dunha estratexia de reordenación e integración ambiental, o fomento da biodiversidade asociada ao río e recuperación do bosque de ribeira, a eliminación de especies potencialmente invasoras e exóticas problemáticas para a contorna fluvial e a elaboración dun plan de xestión destas especies, así como tamén a limpeza da bacía do río e a mellora do paseo fluvial e infraestruturas transversais dun xeito máis harmónico e sustentábel co medio. Nesta liña elaboraranse plans de goberno e participación, comunicación e sensibilización, e medición e seguimento de diversos indicadores de recuperación da vida fluvial.

Da estratexia de reordenación e integración ambiental encargaranse o propio Concello de Outes e o Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña, mentres que as actividades de fomento da biodiversidade asociadas ao río (xestión adaptativa de barreiras transversais, creación de illas de biodiversidade, asentamentos de coleópteros, propagación de fentos termófilos, xestión de especies invasoras…) correrán a cargo das universidades de Vigo (grupo de investigación de Agrobioloxía Ambiental: Calidade, Solos e Plantas) e Santiago de Compostela (grupo de investigación de Análises e Conservación da Biodiversidade).

A Fundación Montescola será a encargada de coordinar as accións de recuperación do bosque de ribeira, eliminación de especies exóticas e invasoras, como Acacia spp ou Tradescantia fluminensis, limpezas do río, así como unha importante batería de accións de formación e divulgación á poboación da contorna, eidos nos que traballará man a man coa Fundación CEER e o Concello de Outes. Dentro destas actividades de voluntariado ambiental e de participación pública da cidadanía de Outes está previsto programar diferentes iniciativas de ciencia cidadá, coñecemento do medio, rutas medioambientais e talleres con escolas, entre outras.

Outros artigos

Outes celebra as Festas de Santiaguiño entre o 24 e o 27 de xullo

Os días 24, 25, 26 e 27 de xullo celebraranse no concello de Outes as Festas do Santiaguiño, cunha ampla programación musical para todos os públicos. A axenda comezará o 24 e xullo cunha ruada da Banda Xeitura de Esteiro e logo pola noite, na praza do Bosque, cunha...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.