Terra de Outes presenta este sábado o libro “Os hórreos de San Cosme”, de Xan Mariño

08 Maio 2024

A Asociación Cívico Cultural Terra de Outes vai presentar esta fin de semana un libro que fai un repaso por algúns dos grandes tesouros patrimoniais e etnográficos do concello.

Trátase do volume Os hórreos de San Cosme, que se dará a coñecer ante a veciñanza este vindeiro 11 de maio no local sociocultural de San Cosme, precisamente, a partir das 20.00 horas.

Segundo explica María Dolores Pena, vicepresidenta de Terra de Outes, o libro vén a continuar o traballo de recollida e posta en valor da arquitectura popular que esta a facer a asociación, da man do seu autor Xan Mariño.

A presentación correrá a cargo do autor e contarase ademais coa presenza do alcalde Manuel González.

Unha vez rematada a presentación do libro presentarase o nº 66 da revista da Asociación Terra de Outes, que o colectivo veciñal vén publicando de forma periódica.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...