Outes rendeu homenaxe a Domingo Barreiros, nomeado Fillo Predilecto do concello

06 Maio 2024

Esta fin de semana a Corporación local de Outes formalizou a declaración do mestre, músico e dinamizador cultural Domingo Barreiros Lago como Fillo Predilecto do concello, en recoñecemento “á súa traxectoria para a promoción musical, cultural e educativa do municipio”.

O acto solemne celebrouse estes sábado 4 de maio con formato de pleno extraordinario aberto a toda a cidadanía, na Casa da Cultura. O acto arrincou con música a cargo da Coral Francisco Añón, que foi no seu día dirixida por Barreiros Lago. No transcurso da homenaxe, a Corporación gabou o seu importante legado nos eidos educativo e musical, e recordou a fonda pegada deixada na súa traxectoria como docente nos colexios do Freixo e O Cruceiro, así como no IES da Serra da Outes. O rexedor, Manuel González, salientou a súa importante contribución á cultura local. As corais que dirixiu no concello de Outes pero tamén en Noia, Porto do Son e Muros fixéronlle entrega da placa conmemorativa.

Domingo Barreiros Lago naceu na parroquia de Louro (Muros), en 1942. Foi, na súa nenez e mocidade, alumno da Escola de Abaixo e posteriormente do Seminario de Herbón onde cursou o Bacharelato. Matriculouse no ano 60 por libre na Escola de Maxisterio de Santiago e logo opositou para unha praza de mestre nacional no 63, exercendo en Outes, Noia, Carnota e Sobrado dos Montes. Foi mestre propietario durante anos dunha escola de nenos no Freixo (Outes) e outros colexios da contorna, vertente que compaxinou coa súa faceta de músico, que materializou como membro da Orquestra Los Romero e, tamén, como director das corais Orfeón Ría de Muros, Coral “Agustín González” de Louro; Clube de Xubilados de Porto do Son, Liceo de Noia e “Francisco Añón” de Outes; Coral “Don Diego de Muros” e “San Xoán de Serres” e Coral Xuvenil “Solpor de O Freixo”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...