Os Populares de A Pobra piden a revisión da instalación do Polideportivo da Tomada

29 Setembro 2022

Segundo o PP de G de A Pobra existen varias instalacións deportivas, as cales din, parece que o goberno local ten escaso ou nulo interese de que sexan utilizadas polos veciños e veciñas, como demostra a pouca implicación que teñen coa conservación das mesmas.
Os populares din que este é o caso do polideportivo situado na Tomada, o cal leva anos sendo obxecto de queixas por parte dos usuarios debido ás graves deficiencias que presenta, sendo necesaria unha reparación urxente en cuestión de filtracións, xa que os días de choiva a pista está chea de obxectos para recoller a auga e que non se produza acumulación de bolsas de auga na pista.
Ademais das pingueiras, outra das deficiencias destacadas e que preocupa ós populares especialmente, é a estrutura do edificio. Como se pode observar na fachada, os piares teñen ao aire os ferros oxidados, danados e con visibles sinais que poñen en perigo a estabilidade estrutural do polideportivo.
Desde o PP instan o equipo de goberno a que realice unha revisión da instalación para detectar todos os danos e elaborar un plan de reformas urxentes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.