Os obradoiros de baile do Taller Alecrín farán parada en Rianxo, Ribeira, Aguiño, O Son, A Pobra e Palmeira

21 Setembro 2022

O programa de obradoiros gratuítos de baile promovido pola Asociación Cultural Taller Alecrín, o programa Baila con Nós, que se desenvolve ao longo dos meses de setembro e outubro na contorna do Barbanza, chegará estes días a Rianxo, Ribeira, Aguiño, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Palmeira e de novo Ribeira, logo da súa parada en Boiro (o 16 de setembro). O obxectivo xeral é a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella.

Francisco Muñiz será o responsábel da posta en marcha dos dous obradoiros para adultos dos que se compón dito programa: un de Linedance, modalidade de práctica individual, indicado para persoas que desexen una toma de contacto cos diferentes ritmos de baile, tanto latinos coma modernos; e outro de Bailes de Salón, modalidade encamiñada á práctica en parella dos ben coñecidos bailes estándar, latinos e tropicais.

O programa Baila con Nós é unha iniciativa de balde para entidades públicas, privadas ou asociativas da contorna do Barbanza e Santiago, e dirixida ao público adulto.

Francisco Muñiz, director do programa, é licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, xestor cultural, e dende o ano 1986 adícase á difusión e ensinanza do baile a nivel social e deportivo. É membro fundador da recentemente creada Federación Galega de Baile Deporivo (FGBD), e presidente da Asociación Cultural Taller de Danza Alecrín e do Club Deportivo Alecrín.

ENTIDADES CONFIRMADAS 13.09.22

CENTRO CULTURAL E DEPORTIVO BOIRO
Rúa Severo Ochoa, 4-6. Boiro
Venres, 16 de setembro

CONCELLO DE VALGA
Casa da Cultura. Lugar de Paredes, s.n. Valga
Sábado, 17 de setembro

CONCELLO DE RIANXO
Cuartel Vello. Praza Castelao, 11. Rianxo
Venres, 23 de setembro

ASOCIACIÓN AMAS DE CASA DE RIBEIRA
Conservatorio. Rúa Miguel Rodriguez Bautista, 21. Ribeira
Sábado, 24 de setembro

CÍRCULO MERCANTIL DE RIBEIRA
Rúa Mestres Lustres, 20. Ribeira
Domingo, 25 de setembro

ASOCIACIÓN FRANCISCO LORENZO DE AGUIÑO
Aula de Música de Aguiño. Rúa Castelao S/N. Aguiño-Ribeira
Mércores, 28 de setembro

CONCELLO DE PORTO DO SON
Escoa Municipal de Danza. Rúa Jorge Lorenzo. S/N. Porto do Son
Xoves, 29 de setembro

CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DA POBRA
Rúa Castelao, 5. Pobra do Caramiñal
Venres, 30 de setembro

SOCIEDADE FILLOS DE PALMEIRA
Rúa Mt. Lorenzo Mene, 8. Insuela-Palmeira. Ribeira
Martes, 4 de outubro

LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA
Rúa Linares Rivas, 4. Ribeira
Xoves, 6 de outubro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión