O wingfoil aterra en Galicia cunha relevante cita deportiva nas Furnas

23 Setembro 2022

Entre o 23 e o 25 de setembro vaise celebrar na praia das Furnas (Xuño, Porto do Son) a Copa Ibérica de Wingfoil e Qualifying (QS) do Circuíto Mundial de GWU. Trátase da proba Nalu Galicia, clasificatoria para as series mundiais.

As e os participantes desta competición internacional que se estrea na nosa terra comezarán a competir ás 11:00 horas, porén será a situación meteorolóxica a que marque os tempos da competición. Así, se o vento é favorábel, a primeira saída celebrarase ás 12:30 horas, mentres que as probas do campionato comezarán pola tarde coa modalidade de estilo libre.

A cita Nalu Wingfoil Pro Galicia QS é o primeiro evento clasificatorio do tour mundial da Global Wingsports Association que se celebra nas costas galegas.

A copa constará de dúas modalidades: unha freestyle, na que os deportistas mostrarán as súas habilidades sobre a táboa, e a race, unha carreira cun percorrido sinalizado na que deberán mostrar as súas condicións.

A primeira xornada dedicarase á modalidade freestyle con horario de saída ás 12:30 horas. As probas na modalidade race serán nas seguintes xornadas, 24 e 25 de setembro.

O wingfoiling ou wingsurf é un deporte acuático impulsado polo vento que se desenvolveu a partir do kitesurf, o windsurf e o surf. O navengate, de pé nunha táboa, suxéitase directamente a unha á. Xera tanto forza ascendente como propulsión lateral e, polo tanto, move a táboa pola auga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.