O vindeiro 8 de outubro temos unha nova oportunidade para achegarnos aos tesouros do Ulla e o seu Vía Crucis

27 Setembro 2022

O programa de roteiros Goza do Ulla volve ao litoral rianxeiro coa Ruta das Trece Cruces, abeirada á edición 2022 do dito programa. Será o vindeiro 8 de outubro.

O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do curso fluvial que separa as provincias da Coruña de Pontevedra. Cómpre salientar as vistas que ofrece da punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial de gran relevancia paisaxística en natural e que ofrece un espazo de interese para a observación de aves. Tamén se bordeará o monte das Cercas, no que se atopan os restos dun castro. O percorrido permitirá divisar a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a illa de Cortegada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.