O Rotogal Boiro Voleibol disputa este sábado un cuadrangular en San Sadurniño

23 Setembro 2022

M.A.- O Pavillón Municipal de San Sadurniño será escenario este sábado 24 dun cuadrangular no que tomarán parte, ademais do equipo anfitrión, o Rotogal Boiro Voleibol, o Emevé e o Téxtil Santanderina, tres conxuntos que militan na Superliga 1. Os da Cachada abrirán a competición ás 10.30 horas contra o Emevé.

A segunda semifinal arrincará ás 12.00 horas e terá como protagonistas ao San Sadurniño, que o sábado pasado proclamouse campión da Copa Galicia, e ao Téxtil Santanderina, equipo que logrou o ascenso á máxima categoría a pasada campaña. Os gañadores das dúas cruces mediranse na final, programada para o sete da tarde. O terceiro e cuarto posto celebrarase ás 17.30 horas.

O Rotogal Boiro Voleibol desprazarase a San Sadurniño coas baixas do seu tres xogadores estranxeiros: o oposto Elgueta, o central Wu Cheng-Tang e o receptor Kleist Mendonça.

O cuadrangular de San Sadurniño será o último test antes do inicio da Superliga 1, competición que arrincará o sábado 1 de outubro. Na primeira xornada, os da Cachada reciben ao sete da tarde ao Unicaja Almería, vixente campión da competición.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.