O Rotogal Boiro Voleibol asina un partido de menos a máis para superar ao Dumbría

14 Setembro 2022

M. A. – O primeiro amigábel de pretempada do Rotogal Boiro Voleibol liquidouse cunha vitoria por 1-3 ante o Dumbría, conxunto que milita na Superliga 2, no Pavillón de O Conco. Os de Emilio Palacio asinaron unha actuación de menos a máis nun duelo no que non puideron contar con Elgueta, Wu Cheng-Tang nin Kleist Mendonça, os seus tres xogadores estranxeiros, nin, finalmente, con Mario Iglesias.

O Rotogal Boiro Voleibol sufriu na recepción no primeiro set. Desta maneira, o Dumbría anotouse a manga por 25-23. No entanto, os de Emilio Palacio foron mellorando co paso dos minutos a pesar das baixas que arrastraban na posición de central, na que unicamente contaron con Héctor Barro. Esta circunstancia propiciou que Martín Casais tivese que actuar nese posto durante algunhas fases do choque.

O Rotogal Boiro Voleibol, guiado por Jaime Arjones como colocador, sobrepúxose ao marcador
adverso e remontou o duelo ante o Dumbría despois de pechar ao seu favor os tres seguintes sets (22- 25, 19-25 e 24-26).

O Rotogal Boiro Voleibol disputará pasadomañá, xoves, o segundo amigábel de pretempada. Será no Pavillón da Cachada, ás 19.30 horas, de novo contra o Dumbría. En principio, o técnico Emilio Palacio tampouco poderá contar con Elgueta, Mendonça, Cheng-Tang e Mario Iglesias.

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.