O PSdeG reclamará á Xunta no Parlamento unha alternativa ao proxecto de depuradora de Ponte, en Porto do Son

22 Setembro 2022

O PSdeG presentou iniciativas no Parlamento de Galicia coa petición de varios veciños de Porto do Son para demandar á Xunta unha solución alternativa “urxente e dialogada” ao proxecto de estación depuradora de augas residuais (EDAR) do lugar de Ponte.

A deputada socialista Noa Díaz, que se reuniu coa plataforma veciñal, lembra que “non se está opoñendo” a unha depuradora necesaria, pero reclama que non estea próxima a vivendas, que non verta no río Maior e non afecte á praia de Dique.
Neste contexto, a parlamentaria lamenta que a Xunta adxudicase o proxecto facendo “caso omiso” ás alternativas dos aldeáns, e “moito menos informando os veciños e veciñas afectadas”, que levan recollidas case 2.000 sinaturas tan só no mes de agosto e presentaron unha queixa ante a Valedora do Pobo.

A deputada socialista Noa Díaz, que se reuniu coa plataforma veciñal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.