O programa de emprego de Dodro, Padrón, Rois e Rianxo pon o foco nas competencias dixitais

30 Setembro 2022

O Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Dodro, Rianxo, Padrón en Rois 2021/2022, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), segue nesta recta final de setembro coa súa actividade de formación e capacitación tecnolóxica. O programa, que está dirixido a 100 persoas desempregadas do ámbito territorial comprendido polos ditos municipios (inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia), ten como finalidade a mellora da empregabilidade dos/as beneficiarios/as a través da realización dun conxunto de accións para facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Ademais das entrevistas individuais de orientación e asesoramento laboral que se están facendo a diario, estes días de setembro realizáronse ou están en marcha as seguintes accións formativas co obxectivo de mellorar os currículos e a empregabilidade das persoas usuarias:

-Taller de coaching, intelixencia emocional e motivación para o emprego, os días 21, 22 e 23 de setembro.

-Curso de competencias dixitais para o emprego. Dende o 26 até o 30 de setembro.

Obxectivos concretos

Os obxectivos concretos desta iniciativa dos catro concellos pasan por “mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral dos/as participantes a través da combinación de actuacións de información, orientación e asesoramento, formación para o emprego, obradoiros de coaching e intelixencia emocional, obradoiros de mobilidade laboral, habilidades sociais e entrevistas, accións de intermediación con empresas, realización de prácticas non laborais e fomento do emprendemento”.

O programa ten previsto un obxectivo mínimo de inserción laboral do 37% das persoas que participen. Ofrece formación en varios sectores e actividades: agrario, hostalaría e turismo, industrias alimentarias, fabricación mecánica e téxtil. Os beneficiarios do programa percibirán unha bolsa de 7€ por día por asistencia ás accións do programa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...