O Pazo de Goiáns acolle este venres a presentación de Marea Morta, de Ana Lojo

14 Setembro 2022

Este venres 16 de setembro o Pazo de Goiáns (Boiro) vai acoller a presentación do libro Marea Morta, de Ana Lojo Chan. Será a partir das 20.30 horas e contará coa presenza de María Outeiral, concelleira de Cultural, e de Mariano Muñiz.

Sinopse

Liz vive coa súa nai en Edimburgo e acaba de chegar a un pobo de Galicia para pasar unhas semanas cos seus avós, tíos e curmá, dos cales estivera anos afastada. Acompañada de familia e amigos, pasa unha das mellores experiencias da súa vida, á vez que tenta dar sentido a ese secreto que tanto a atormenta, e é que, aínda que nosa protagonista pode chegar a dubidar da existencia de certos mitos…, habelas hailas.

Só Liz poderanos dicir se consegue superar todos os seus medos, pero o que si logra é descubrir a importancia da amizade, a ilusión dun primeiro amor e o valor dalgunha que outra tradición da terriña.
A súa curiosidade é a causante de que atope uns poemas cuxo significado irá desvelando, á vez que destapa outros misterios e verdades ata chegar a converter ese mes e medio no seu mellor verán…, because life is beautiful!

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...