O Parque de San Roque de Ribeira acolle este sábado a gran festa multicultural e solidaria do Festival Raíces

16 Setembro 2022

O Parque Periurbano de San Roque vai acoller este sábado 17 á segunda edición do Encontro Multicultural Festival Raíces, un proxecto inclusivo impulsado polo Concello de Ribeira que conta coa implicación da colectividade social a través de Cáritas Parroquial, ICE Renovación, Cruz Vermella e a Comunidade Islámica de Ribeira. A cita foi presentada este 15 de setembro. Os participantes destacaron o seu carácter multicultural e diverso, con música, actividades ambientais e infantís e un xantar solidario.

Os detalles do festival foron dados a coñecer pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, acompañada de Jonathan Figueirido, Ángeles Cores e Manuel Mirás (representando respectivamente a ICE Renovación, Cruz Vermella e a Cáritas Parroquial) e Suso Bello, responsábel da dinamización do periurbano.

O festival dará comezo ás 11 da mañá cunha actividade ambiental de recollida de refugallos, mentres que de 13 a 14 horas haberá xogos populares interxeracionais organizados por ICE Renovación.

Proxecto El zapato que crece

A continuación (de 14 a 16 horas) será a quenda do xantar popular solidario no que os asistentes poderán mercar a prezos populares diversas viandas (paella, bebidas e sobremesas elaboradas pola comunidade islámica) e no que a recadación irá destinada a El zapato que crece, un proxecto humanitario nunha zona selvática de Guinea Bissau que ten por obxecto subministrar aos nenos calzado con capacidade para adaptarse ao seu crecemento (até en cinco tallas) e aumentar así o seu tempo de uso. Saraghallada porá o acompañamento musical.

De 16 a 17.30 horas desenvolveranse obradoiros infantís que inclúen unha función da pallasa Troskita, para rematar a xornada ás 18 horas co concerto de Boroa.

No transcurso do encontro distribuirase entre os asistentes uns agasallos do Xacobeo ata rematar existencias. Ademais, Cruz Vermella porá un posto de primeiros auxilios por calquera incidencia que puidera xurdir.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.