O Nazareno regresará en procesión ás rúas da Pobra

02 Setembro 2022

A Pobra do Caramiñal vivirá do día 16 ao 19 de setembro o seu terceiro gran festexo do verán: o Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2000. “Trátase dun evento con forte arraigamento na localidade, que atrae xente do territorio galego e, incluso, de fóra e que, ademais do evidente carácter relixioso, contará tamén cunha vertente lúdica e cultural”, tal e como explicou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). O obxectivo do Concello e da Comisión foi recuperar o formato previo á pandemia, con “propostas para todos públicos”, en palabras do presidente da Comisión, José García, quen trasladou o seu agradecemento polo apoio de toda a veciñanza, empresas e Administración local, especialmente.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), avanzou que na reunión da Xunta Local de Seguridade desta semana determináronse as medidas coas cales garantir a seguridade nestas festividades. Solicitouse a colaboración da Axencia Galega de Emerxencias e doutras institucións para a prestación de medios humanos e materiais que intensifiquen o operativo deseñado.

O pregón dende o balcón do Consistorio marcará o inicio das festas no venres 16, ás 21.00 horas, para máis tarde desfrutar do tributo Ciao Raffaella, que se ofrecerá na praza Alcalde Segundo Durán. Logo de pasada a medianoite, a banda local Moito! iniciará o seu concerto no Cantón da Leña, mentres que a actividade regresará á nomeada praza coa Macro Disco Chocolate durante a madrugada.

O sábado 17 arrancará coa animación de rúas a cargo de Latexo, mentres que as cores encherán as pistas deportivas do Castelo durante a tarde coa festa Holi. É importante levar vestimenta de cor branca e farase entrega dunhas lentes e pigmentos en distintas tonalidades. A música converterase na gran protagonista da noite co tributo Remember Queen e A Pobra DJ Fest, presentado por Jorge Ramón Web, cos DJ Del Puerto, Traffic House, Adri Martínez e Rokiño, ademais de G Face como artista convidado. Ámbalas citas concentraranse na praza Alcalde Segundo Durán.

A localidade espertará no domingo 18 coa música tradicional galega da man da Agrupación Musical do Rosal, Buxaina, Xiada e O Son do Pote. A procesión votiva das mortallas sairá, ás 10.30 horas, da Igrexa de Santiago do Deán, acompañada dunha multitude de fieis e na que, polo de agora, hai unha confirmada unha participación de catro cadaleitos. Unha vez finalizada a comitiva oficiarase unha misa cantada no referido templo relixioso.

O folclore continuará pola tarde con ruadas e con dúas sesións musicais nos Xardíns de Valle-Inclán: Xilbarbeira e Agrupación Musical do Rosal. Xa pola noite será a quenda da charanga N.B.A. polo núcleo urbano e da verbena con Alianza e New York na praza Alcalde Segundo Durán.

As alboradas da Banda de Música Municipal de Vilanova, Os Chaneiros, Xiada e O Son do Pote anunciarán o derradeiro día de festexos, no luns 19. Estas agrupacións serán as encargadas de marcar o ritmo da xornada para finalmente dar paso á orquestra Olympus e ao grande espectáculo de fogos artificiais.

Ao longo do presente mes celebraranse numerosas cerimonias e a novena comezará no 9 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...