O Goberno de Boiro convoca subvencións en especie para o comercio local


O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas para o comercio boirense ao abeiro do programa para a modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro financiado mediante fondos Next Generation UE. O BOP (boletín provincial) publica este xoves 16 de setembro a convocatoria de axudas e o prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles. As bases e toda a información da convocatoria están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

As axudas establécense como subvencións en especie e están dirixidas s a establecementos comerciais de Boiro como comercio polo miúdo de produtos téxtiles, viños e bebidas, medicamentos e artigos de drogaría, equipamento do fogar, bens usados, instrumentos musicais… tamén actividades empresariais realizadas fóra do establecemento; establecementos, postos ou mesas do Mercado Municipal; establecementos de hostalería; aloxamentos hoteleiros, pensións, cámpings…

As axudas poden solicitarse para servizos de posicionamento SEO, servizo de entrega de bolsas reciclábeis, servizo de entrega de envases compostábeis, servizo de entrega de outros elementos reutilizábeis, servizo de bono-transporte, xornadas de formación en mercadotecnia dixital e outros servizos de uso de equipamentos como utilización do armario automatizadi de pedidos, utilización de máquina biorecicladora.

O Concello de Boiro recibiu unha subvención por importe de 237.641 euros da Secretaría Xeral de Industria, dependente do Ministerio de Industria e Turismo, financiada con fondos Next Generation UE, para o impulso comercial e a modernización mediante a transformación dixital sostible nos mercado municipais.