O Goberno apoiará a dixitalización de Porto do Son ao abeiro de RuralTIC

19 Setembro 2022

O Goberno central, a través do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, vai apoiar a dixitalización de nove concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, ao abeiro do programa RuralTIC e da man da empresa estatal INECO (dependente do dito ministerio). Máis polo miúdo, achegaranse recursos de transformación aos concellos de Porto do Son, Cerdido e Vimianzo (A Coruña), Carballeda de Avia, Cortegada, A Gudiña, Parada de Sil e Pobra de Trives (Ourense) e Trabada (Lugo). A través deste proxecto emprestarase asesoramento dixital nos 55 municipios rurais inscritos no programa RuralTIC, que xuntan 700 núcleos de poboación en toda España.

Con este programa que o Ministerio cualifica de “pioneiro”, INECO quere artellar “unha panca de dinamización e crecemento da España rural, converténdose nunha ferramenta de apoio ás políticas impulsadas para fixar poboación nos pequenos núcleos urbanos do noso país”.

A fórmula deseñada pola compañía permitirá aos profesionais que formen parte do programa desprazarse temporalmente a este pequenas poboacións para compaxinar o teletraballo coa realización de talleres formativos en dixitalización social e económica, formando no uso das novas tecnoloxías á poboación de máis idade ou asesorando ás pemes locais para potenciar o seu posicionamento dixital, mellorando ou creando web, implementando a súa presenza en redes sociais ou deseñando apps que optimicen a actividade, entre outras iniciativas. “Trátase”, sinala o Ministerio, “dun modelo colaborativo que ten como obxectivo contribuír á dixitalización social e económica da sociedade que vive en contornas rurais, rompendo as barreiras que lles afastan das novas tecnoloxías”.

Ineco conta cun amplo coñecemento no ámbito da dixitalización. Mostra diso é que o seu número de profesionais multiplicouse por catorce ao longo da última década e está conformado por máis de 700 perfís de alto coñecemento en aplicación das tecnoloxías dixitais e a Intelixencia Artificial, situándose a compañía como un dos dous principais subministradores de “servizos informáticos” da Administración Xeral do Estado.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.