O deportista boirense Carlos Mora completará unha etapa do Camiño de Santiago xunto con DisCamino

27 Setembro 2022

O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, recibiron no Concello de Boiro, este martes 27 de setembro, ao deportista boirense Carlos Mora, que vai realizar unha etapa do Camiño de Santiago xunto con asociación Discamino.

Carlos Mora sairá a finais desta semana dende Arzúa para realizar co grupo, que saíu o día 1 dende Roncesvalles, dúas etapas do Camiño para chegar logo a Santiago. O alcalde e a concelleira conversaron con el antes da súa partida para coñecer como vai ser o traxecto e como decidiu sumarse a esta andanza.

DisCamino axuda a calquera persoa discapacitada, sexa física ou mental, a facer o camiño de Santiago e desfrutar da peregrinaxe. Ten o engadido extra de que amais da axudar á realización da ruta con ferramentas adaptadas, achega a preparación física e mental que se precisa para levar a cabo este reto. Na entidade contan con bicis adaptadas para persoas con discapacidades diversas e de todas as idades.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.