O Concello do Son fai limpeza de refugallos erroneamente depositados e lembra a importancia de usar os puntos limpos

27 Setembro 2022

O Concello de Porto do Son, a través da súa área de Medio Ambiente, realizou estes días traballos intensivos de limpeza nas contornas dos puntos de recollida municipal de lixo, poñendo o foco en retirar todo tipo de refugallos erroneamente deixados nestes lugares, destinados para outro tipo de recollida.

Dende o Consistorio lembran que o traballo de conservación do medio e da paisaxe e, tamén, o tratamento de refugallos, debe ser unha tarefa de colaboración cidadá, e que os residuos voluminosos ou perigosos deixados nas contornas dos contedores deben ser depositados no Punto Limpo local ou no Punto Limpo Móbil, servizos de balde para toda a veciñanza e de cuxos horarios e funcionamento infórmase de continuo na web municipal e nas redes sociais.

Amais disto, o Concello ten habilitado un servizo para a recollida puntual de mobiliario e aparellos eléctricos e electrónicos. Para calquera dúbida, cómpre chamar ao 981 867 412.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.