O Concello de Ribeira propón destinar 110.000 euros do remanente á instalación de placas solares en edificios municipios

12 Setembro 2022

Entre as partidas que o Goberno local de Ribeira prevé introducir no remanente de tesourería e que serán levadas a pleno extraordinario deste mércores 14 se setembro, atópase unha consignación de 110.000 euros destinados á instalación de placas fotovoltaicas en edificios municipais.

A través desta iniciativa o Executivo pretende “proseguir implantando medidas conducentes a unha maior eficiencia enerxética en infraestruturas públicas, tal e como a realizada recentemente no edificio da UAD a través dunha envolvente térmica (actuación similar á que se está executando no Centro Social de Corrubedo e a xa adxudicada para o Conservatorio Municipal) ou as que están contempladas no proxecto da nova Biblioteca de Ribeira, de próxima licitación”.

Fontes do Consistorio recordan que oConcello de Ribeira foi un dos que subscribiu o Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático, que implica asumir o compromiso de diminuír canda menos un 40% as emisións de CO2 no municipio no ano 2030. Ademais, a Axenda Urbana que se está desenvolvendo ten na redución da pegada de carbono un dos seus obxectivos estratéxicos.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.