O Concello de Boiro saca a licitación as obras para habilitar novos estacionamentos e descansos en Espiñeira

09 Setembro 2022

O Concello de Boiro vén de sacar a licitación o Proxecto de Mellora de Infraestrutura no Parque Empresarial de Espiñeira: Zona de Descanso e Aparcadoiro. A actuación, dun importe de 81.970,25 euros, executarase mediante unha subvención de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para a habilitación e mellora de infraestruturas dos polígonos empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello explicou que o proxecto que se pretende executar ten como finalidade concreta “a mellora das infraestruturas viarias no interior do parque empresarial de Espiñeira, habilitándoo con prazas de estacionamento e, desta maneira, dotándoo de máis espazos para carga e descarga de mercadorías e facilitando o tránsito habitual”.

As actuacións previstas vanse levar a cabo en dúas parcelas de titularidade municipal das que o Concello de Boiro dispón dentro do propio parque empresarial.

Fontes do Consistorio recordan que o Polígono de Espiñeira comezou o seu funcionamento no ano 1998 cunha primeira fase e, no ano 2009, púxose en funcionamento a segunda ampliando a superficie industrial. Na actualidade o polígono conta con máis de 60 parcelas, estando ocupado un 80% da superficie. “A recente instalación de empresas con gran cantidade de man de obra leva aparellada un gran movemento de vehículos e a necesidade de ampliación do espazo de estacionamento”, explica o Concello, engadindo que o proxecto que se pretende executar agora habilitará dúas parcelas, unha na Fase I de 2.327 metros cadrados que contará con 48 prazas de aparcamento e unha área de descanso; e unha na Fase II de 2.550 metros cadrados con 15 prazas e aparcamento con dúas zonas de descanso.

Para a execución da obra procederase á limpeza e roza das parcelas para o seu nivelado e a posterior pavimentación das mesmas. Ademais vaise executar o peche perimetral das parcelas cun valado para evitar a caída de vehículos ou persoas e realizarase a sinalización do espazo, así como a reposición das beirarrúas e asfalto nos accesos ás parcelas para concluír a actuación.

O proxecto atópase agora en fase de licitación e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público ata o vindeiro 15 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.