O Concello de Boiro realiza traballos de acondicionamento nos centros de ensino de cara ao inicio do curso

07 Setembro 2022

O Concello de Boiro realiza actuacións de acondicionamento e mellora nos centros de ensino do municipio de cara ao inicio do curso escolar, que comeza este xoves 8 de setembro.

Visita ao Colexio de Cabo, este 7 de setembro

Entre as actuacións realizadas está a posta a punto dos centros atendendo ás demandas e necesidades trasladadas polos equipos directivos, así como outras actuacións que “redundan en melloras nas infraestruturas”.

O plan inclúe tarefas de mellora e mantemento xerais en todos os centros educativos do municipio como é o cambio de luminarias, o pintado das aulas, o acondicionamento dos patios exteriores e zonas axardiñadas ou o cambio de xanelas que se realizou no comedor do CEIP Praia Xardín.

Obras no CEIP Santa María do Castro, este pasado verán

Ademais das tarefas de acondicionamento impulsadas aproveitando o período non lectivo, realizáronse outras actuacións maiores como a instalación en Cespón dunha pérgola para a parada de autobús (28.171 euros). Foi esta, en palabras do Concello, “unha obra moi demandada polo profesorado e a comunidade educativa do centro” e que vai permitir ao alumnado resgardarse das inclemencias meteorolóxicas tanto a chegada ao centro como a recollida dos autobuses e peche da parte traseira (20.000 euros).

Dende o equipo de Goberno local engaden que nos últimos meses concluíronse tamén as actuacións para a mellora da seguridade nos centos de ensino IES Espiñeira e CEIP Santa María do Castro (101.693 euros), unha actuación que se levou a cabo a través do POS da Deputación da Coruña.

Amais, no CEIP Escarabote levouse a cabo a mellora de beirarrúas e pavimentos no acceso ao centro para dotar a zona dunha mellor seguridade viaria, sobre todo nos momentos de recollida dos nenos e nenas no centro.

En Cabo, no CEIP Santa María do Castro estase a realizar unha actuación con cargo ao Plan Único Concellos (POS 2021) da Deputación da Coruña e coa que se está a renovar o illamento térmico exterior do edificio principal para eliminar as humidades existentes e mellorar a eficiencia enerxética das instalacións (114.925,80 euros).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.