O Concello de Boiro propón levar a cabo o proxecto En(clave) de educación durante o curso escolar

21 Setembro 2022

O Concello de Boiro propón un proxecto integral de educación nos centros de ensino de Primaria e Secundaria do municipio durante o curso 2022-2023. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, María Outeiral, deron a coñecer na mañá deste 21 de setembro os pormenores da iniciativa durante unha visita ao CEIP Escarabote acompañados do director do centro, Cristian Pérez.

O proxecto, nomeado En(clave), levouse a cabo o ano pasado e ten como finalidade “dar resposta á demanda dos centros educativos de traballar sobre accións relacionadas coa igualdade de xénero e a resolución de conflitos de saúde mental, amais de impulsar un cambio de valores, roles ou estereotipos”.

O programa, que se propón para o seu debate no vindeiro pleno, vai incidir en tres áreas: igualdade; educación e prevención; saúde e benestar.

“Este programa”, sinalou Outeiral, “naceu no curso 2021-2022 das demandas dos centros educativos detectadas a raíz da pandemia, de chegar a áreas ás que os programas educativos non chegan. Este ano mellorouse en función das novas necesidades detectadas nos centros e implicar a toda a comunidade educativa”.

No transcurso da súa visita ao CEIP de Escarabote o alcalde e a concelleira coñeceron, de man do director, as actuacións que se levaron a cabo como foron obras de mantemento xeral das aulas con pintado, cambio de luminarias, arranxos no patio e zona de xogos, accións que se abeiraron ao paquete de iniciativas posto en marcha dende o Consistorio para poñer a punto as instalacións docentes antes do inicio das aulas.

A isto engádense os traballos para mellorar o acceso ao devandito centro de ensino e con vistas a garantir a accesibilidade e a seguridade viaria. En concreto, fíxose unha reparación de 280 metros cadrados de pavimento asfáltico de acceso e a execución dunha beirarrúa, así como a reordenación dos espazos de estacionamento, unha actuación dun orzamento de 5.897,76 euros. “As entradas e saídas dos colexios son puntos conflitivos en canto ao tráfico pola cantidade de autobuses, coches particulares e peóns que se aglutinan polo que reforzar a seguridade viaria para previr incidentes é unha prioridade”, afirmou o alcalde.

Está proposta para a súa aprobación no vindeiro pleno tamén unha actuación de mellora dun camiño de acceso ao CEIP Escarabote que une o centro de ensino co núcleo de Escarabote e polo que transitan numerosos alumnos que asisten ao centro. Unhas actuacións dun importe duns 13.369 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.