O Concello de Boiro organiza unha viaxe a Donostia (San Sebastián) para asistir á Bandeira da Concha de Traíñas na que participa o equipo feminino no Club de Remo de Cabo de Cruz. As inscricións para o autobús e a reserva de aloxamento deben facerse na Oficina de Turismo local até este mércores. A saída do autobús será o venres día 9 ás 23.45h da Casa do Mar de Cabo de Cruz e ás 00.00 horas da Cachada.

A chegada a Donostia está prevista para o sábado día 10 ás 11.00 horas e tempo libre durante o día. O aloxamento realizarase no Hotel Unzaga Plaza (Eibar) e a reserva do mesmo poderase realizar tamén a través da Oficina de Turismo de Boiro.
O domingo está previsto o almorzo no hotel ás 7.45 horas e saída cara San Sebastián ás 8.30 horas para a regata que comeza ás 11.00 horas. Ás 15.30 horas está prevista a saída do autobús cara Boiro e con chegada aproximada ás 02.00 horas.
O transporte será gratuíto e o do gasto do aloxamento farase cargo cada persoa. Máis información e inscricións na Oficina de Turismo do Concello de Boiro, de xeito presencial ou a través do enderezo electrónico turismo@boiro.org ou o teléfono 981 84 26 54 ata este martes ás 19.00 horas.