O Concello de Boiro e La Doce impulsan obradoiros creativos abertos ao abeiro do proxecto Residentes

07 Setembro 2022

O Concello de Boiro e La Doce levan a cabo un programa de actividades creativas vinculadas ao proxecto Residentes: Residencias Artísticas Boiro 2022. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e a directora de La Doce, María Magán, presentaron este mércores 7 de setembro a axenda prevista de accións acompañadas das artistas gañadoras do certame Clara Álvarez, Deebo Barreiro e Sol Álvarez. “Este programa ten como finalidade incentivar a creatividade e as artes plásticas e visuais como vehículo para a difusión dos valores culturais e locais”, afirmou María Magán na presentación.

Segundo engadiron, dos 60 proxectos presentados a dita convocatoria, o xurado seleccionou tres para a residencia que comezou o 1 de setembro e que se estenderá durante un mes, durante a cal as artistas teñen acceso ao taller dentro da propia galería La Doce e unha axuda de produción.

Durante este mes vanse realizar varias actividades e obradoiros que serán gratuítos para todos os boirenses. Entre eles hai un taller de cerámica impartido por Clara Álvarez nomeado Sin Lume, Negro noche; un de fotografía impartido por Deebo Barreiro nomeado Conserva, e un de cerámica impartido por Sol Álvarez nomeado Xa se lle nota aos días.

“Estamos moi orgullosos do resultado deste concurso e das propostas gañadoras que van levar a cabo unhas actividades e obradoiros que están moi ligados á nosa terra e á nosa xente”, recoñeceu a concelleira de Cultura, María Outeiral. Ademais, o traballo realizado polas artistas durante o mes de convivencia será exposto do 29 de setembro ao 28 de outubro no Pazo de Goiáns.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.