O Concello de Boiro e a AECC unen forzas na andaina solidaria ‘Boiro, en marcha contra o cancro’

23 Setembro 2022


O Concello de Boiro colabora coa Asociación Española contra o Cancro na organización da andaina solidaria “Boiro, en marcha contra o cancro” e que terá lugar o vindeiro 23 de outubro. O alcalde, José Ramón Romero, e a presidenta da Asociación en Boiro, Marisa Lojo, realizaron a presentación da
proba acompañados do concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus.
A andaina constará dun percorrido duns 5 quilómetros, moi sinxelo para que calquera persoa poida participar, e que sairá ás 11.00 horas da Praza de Galicia, pasará polo núcleo da Boliña e o paseo do río Breiro ata o Paseo Marítimo, percorrerá o paseo do Estuario do Río Coroño e regresará á praza de
Galicia.
As inscricións están xa abertas e poden facerse na Oficina de Turismo de Boiro, na Farmacia Ortopedia Ana Torrente, na Galería Sargadelos, en Modas Naty, nas mesas da Asociación Española contra o cancro que se instalan os martes e sábados na rúa peonil así como na web.
O prezo da inscrición é de 5 euros para as persoas adultas e 3 para os nenos e nenas de ata 12 anos. Todos os beneficios recadados son para a asociación.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.