O Concello de Boiro colabora no programa Especialistas en cooperar

29 Setembro 2022

O Concello de Boiro, ao abeiro da súa colaboración no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, vai participar directamente no programa Especialistas en cooperar. Segundo fixeron saber fontes do Consistorio, a educadora social do Concello, Margarita Sampedro, viaxará a Maputo (Mozambique) para traballar no dito programa, unha iniciativa de cooperación técnica dirixida a persoal dos concellos, deputacións e mancomunidades de Galicia para “asesorar en terreo sobre aquelas materias das que teñen coñecemento no marco dos proxectos apoiados polo Fondo Galego no Sur Global”.

Durante todo o mes de outubro vanse realizar labores de apoio ao cadro de persoal técnico da asociación de municipios no deseño de actividades que traballen a igualade nos diferentes municipios e tamén a elaboración dun código de ética municipal que regule a conduta do persoal en materia de xénero e estableza medidas sancionadoras.

O Concello de Boiro, a través da área de Servizos Sociais que dirixe o concelleiro Raúl Treus, colabora dende fai varios anos co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, sendo esta a primeira ocasión na que se participa no programa Especialistas en cooperar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.