O Concello de Boiro adxudica catro novas grúas a persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar

02 Setembro 2022

O Concello de Boiro, a través do departamento de Servizos Sociais, vén de adquirir catro novas grúas para adxudicar a familias usuarias do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) con persoas dependentes ao seu cargo. Estas guindastres permiten a mobilidade de persoas dependentes e xa foron entregadas ás persoas usuarias que as tiñan solicitadas.

Os aparellos adquiríronse mediante o POS+ 1/2022 de Servizos Sociais Extraordinarios da Deputación da Coruña para sumar ás que xa dispoñía o Concello de Boiro, que informou que as grúas permiten recoller a persoas do chan co arnés para depositalas na cama ou tamén para transferencias de espazos, cun rango de elevación de ata 1,74 metros e unha rotación de 360º.

Cada grúa ten un custe de entre 900 e 1000 euros, polo que son moitas as persoas que demandan este servizo ao Concello. “Con esta nova adquisición de grúas cubrimos as necesidades da demanda, pero é preciso seguir aumentando o número destas axudas técnicas para dar servizo á veciñanza”, comentou o edil de Servizos Sociais, Raúl Treus.

O Concello de Boiro dispón de colchóns anitescaras para persoas acamadas, de camas articuladas e grúas para persoas con servizo SAF e familias con persoas dependentes ao seu cargo que precisan algún destes servizos.

Outros artigos

UCIN Boiro critica o estado da estrada de Berres

O grupo UCIN Boiro, a través do seu coordinador Miguel Piqueras, vén de emitir un novo comunicado no que critica o estado no que se atopa a estrada de Berres, unha vía fundamental que conecta Boiro con O Saltiño e Cabo de Cruz e que, indican, "soporta diariamente un...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.