O Concello da Pobra executa a mellora de vías municipais no ámbito rural

30 Setembro 2022

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), desprazáronse ata distintas vías municipais para comprobar o resultado dos traballos recentes alí desenvolvidos, ademais de anunciaren novas intervencións con cargo ao crédito aprobado no pleno polo valor de 300.000 euros.

Un destes proxectos de mellora focalízase na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos e comprende dous tramos: do Cruceiro Novo ao Foxo e de Armental á Conga. Comezou xa coa limpeza de cunetas e coa súa perfilaxe para máis tarde estender aglomerado asfáltico e adaptar as tapas de rexistro existentes á nova cota de rasante da estrada. A empresa Fermín Simal S.L. é a encargada da súa execución, que comporta un investimento total de 46.197’80 euros, IVE incluído.

Amais, Piñeiro e Romas informaron do remate das obras na pista do Outeiro, destinadas a dar acceso ás vivendas. Procedeuse coa limpeza de cunetas, co axuste da pendente do terreo coas entradas ás casas existentes e coa aplicación de balastro artificial e triplo rego asfáltico. Ademais acomodáronse os pozos e arquetas ao novo nivel. O orzamento ascendeu a 12 076’16 euros, IVE incluído, e foi realizada pola empresa xa referida.

Así mesmo, no lugar da Costa dotouse de firme dous camiños para tamén dar entrada a domicilios. Consistiu na limpeza e explanación da superficie existente para subministrar balastro artificial e aplicar pavimento. Excavaciones Nima S.L. asumiu a actuación cun importe total de 11.501’05 euros, IVE incluído.

Neste proxecto de mellora inclúense máis accións futuras no ámbito rural como, por exemplo, na Gándara ou Gonderande.

Outros artigos

O Concello da Pobra aumenta as axudas dos seus clubs deportivos

Dende o Concello da Pobra veñen de publicar unha nova convocatoria de subvencións para financiar as actividades realizadas no 2024, cunha importante novidade: a suba destas axudas, que chegan até os 31.000 euros para apoiar aos clubs e entidades deportivas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.