O Concello da Pobra afianza a seguridade no transcurso da procesión do Nazareno

14 Setembro 2022

A procesión votiva das mortallas percorrerá o núcleo urbano da Pobra do Caramiñal no 18 de setembro. O Concello, prevendo que o evento congregue a multitude de fieis, puxo en marcha un amplo operativo para a prevención de situacións de risco.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o edil da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), manifestan o esforzo realizado para garantir a seguridade coas medidas adoptadas e insisten “no cumprimento das normas”, ademais de evitar as aglomeracións”. Así mesmo, agradecen a cooperación de numerosas institucións na prestación de medios humanos e materias para intensificar o mecanismo.

Segundo fixeron saber ante os medios este mércores 14, o Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) converterase no centro de coordinación do dispositivo, que se situará no interior da praza Alcalde Segundo Durán. Outra das accións é a distribución de video-cámaras por todo o itinerario que remitirán as gravacións ao mencionado camión para o control da comitiva.

Refórzase tamén o número de efectivos con membros da Policía local da Pobra, de Rianxo, da Comandancia da Garda Civil da Coruña e da Protección Civil de varios municipios.

De cara a prevención de emerxencias sanitarias, oito técnicos acompañarán a procesión dotados de desfibriladores e material de primeiros auxilios. Tamén se disporá de catro ambulancias de soporte vital básico (con dous técnicos cada unha) e unha de soporte vital avanzado (médica/o e enfermeira/o).

Doutra banda, entre as 08.30 e 15.00 horas procederase co corte do tráfico rodado na AC-305 (no tramo comprendido entre a rotonda preto da estación de autobús e a entrada á rúa Venecia), así como da AC-302 (dende o cruce da Atalaia ao centro da vila). Por esta razón, a circulación desviarase pola estrada a carón do mar no treito xa referido, mentres que para o desprazamento entre os concellos circundantes se recomenda empregar a AG-11.

No que respecta ao estacionamento, aconséllase o aparcadoiro da zona de Venecia, no Campo da Feira ou na periferia do punto neurálxico da cita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.