O cociñeiro Miguel Mosteiro participará en Gastromar Ribeira

09 Setembro 2022


A praza de España de Ribeira vai acoller os días vindeiros un evento que reivindica o mellor da nosa gastronomía: os produtos do mar. Estamos a falar de Gastromar Ribeira, que desenvolve os días 10, 11 e 12 de setembro, coincidindo coas festas patronais de Santa Uxía e cun obxectivo claro de enxalzar o noso e poñer o foco naqueles produtos que non adquiren as máis altas cotizacións pero que atesouran as mellores calidades e propiedades. Produtos como por exemplo o congro, a xarda, o lirio, o xurelo, o mexillón ou o choco, entre outros moitos. Na feira haberá foodtrucks (media ducia deles, cada un centrado nun ámbito gastronómico), demostracións (showcookings) e un obradoiro para a rapazada a cargo do cociñeiro Miguel Mosteiro, entre outras actividades.

O cociñeiro boirense, á dereita e acompañado de Daniel Portillo, nunha imaxe de La Alacena Roja

Miguel Mosteiro

Miguel Mosteiro, natural de Boiro, é un chef que conta con varias décadas de experiencia no sector. Tras traballar para marcas como a conserveira Escurís como cociñeiro para eventos de promoción ou na cociña de Chicolino, Miguel leva dous anos co seu propio proxecto, Gastrolab Arousa. Este consiste nun espazo gastronómico encamiñado á formación de profesionais do sector hostaleiro e, tamén, á organización de actos de presentación, promoción e degustación.

3.000 racións

Gastromar Ribeira disporá de media ducia de foodtrucks na praza de España (cunha carpa de 400 m2) dende os que facer gala de diferentes formas de preparalos. O programa, amais do dito, tamén inclúe unha sesión vermú o domingo 11 de setembro. O obxectivo das entidades organizacións é distribuír 3.000 racións de peixes e mariscos.

Horarios de Gastromar Ribeira
-sábado 10, inauguración ás 19:30h e degustación de 20:00h a 23:30
-domingo 11, de 13:30h a 16:00h e de 20:00h a 23.30h
-luns 12, de 13:30h a 16:00h

E a maiores…
Animación musical
Obradoiros de cociña para nenos e nenas, o domingo 11 as 12:00h
Showcooking, o luns 12 as 12:00h

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.