O Centro Social de Boiro acollerá este mes de setembro un obradoiro de cianotipia para mulleres

12 Setembro 2022

Os dous vindeiros mércores deste mes de setembro (días 14 e 21 de setembro) o Centro Social de Boiro vai acoller, en horario de 17.00 a 19.00 horas un Obradoiro de Cianotipia. Será impartido por Sol Álvarez ao abeiro do proxecto Residentes: residencias artísticas Boiro 2022 que desenvolven o Concello de Boiro e La doce. A actividade, aberta e participativa, está orientada a mulleres de mediana e terceira idade. A presentación será o luns 12 de setembro ás 17.00 horas no local Leñaverde. As inscricións poden facerse a través da conta de correo residentes@ladoce.net ou 649 834 412

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.