O BNG mostra o seu apoio á veciñanza de Aguiño e anuncia accións ante a Valedora

24 Setembro 2022

O BNG volveu mostrar o seu apoio á veciñanza de Aguiño polas queixas que están a suscitar a reforma da fachada marítima e máis a da rúa Castelao. Este venres 23 de setembro a agrupación referendou o seu respaldo na concentración celebrada na dita vila en contra das ditas obras programadas. Nela estiveron presentes os militantes do BNG e dos concelleiros da formación Luís Pérez e Cruz Rivadulla.

O portavoz do BNG en Ribeira, Luís Pérez Barral, mantén que “non  é razoábel realizar unha actuación que conta coa oposición frontal dunha grande parte da veciñanza de Aguiño. O alcalde debe rectificar e sentar a falar coa veciñanza e cos grupos para introducir melloras no proxecto”.

Pérez Barral recriminou a actitude do Goberno local por “tirar para diante”, dixo, “sen escoitar e sen dialogar con ninguén” e engadiu que “os proxectos deberían ter a participación veciñal porque cando se fan as cousas sen contar coa xente é cando xorde o malestar”.

O concelleiro opina que a obra implica problemas que dificultarán a entrada e saída de garaxes por mor do carril bici e non vai crear ningunha zona verde. “Van gastar case un millón de euros para aumentar o cemento, eliminar os aparcadoiros e provocar problemas de tráfico, como xa fixeron na reforma das Carolinas ou do Malecón. Se algo sobra neste concello é cemento, precisamos zonas verdes e espazos onde a xente poida desfrutar do seu tempo libre”.

Desde o BNG cualificaron de “nula” a planificación do Partido Popular á hora de realizar obras que, segundo dixeron, “carecen de sentido ao non ter un proxecto global e de futuro”. E preguntáronse: “De que vai servir un carril bici que nace e morre na mesma rúa e non existe proxecto para amplialo no futuro?”

Queixa ante a Valora do Pobo

No BNG anunciaron que elevarán unha queixa ante a Valedora do Pobo para que “desde esta institución se defendan os intereses da veciñanza e se medie neste problema que está xerando o Goberno local coas súas decisións unilaterais”. Pérez Barral aproveitou para pedir ao Concello que “recapacite” porque, segundo afirma, “aínda se está a tempo de introducir melloras solicitadas pola veciñanza e polo BNG que permitan ampliar zonas verdes ou avanzar na accesibilidade universal”.

Concentración en Aguiño

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...