O BNG de Ribeira recollerá sinaturas no Centro de Saúde para aumentar recursos e persoal

27 Setembro 2022

O BNG de Ribeira vai realizar novas actividades para mellorar a atención sanitaria, poñendo o foco na Atención Primaria e na necesidade de a aumentar recursos e persoal nos orzamentos da Xunta para 2023. “Non podemos normalizar o desastre sanitario que supón estar sen profesionais médicos e tardar días e días para acudir ao médico de cabeceira”, sinalan, engadindo que o incremento proposto polo grupo permitiría habilitar 200 millóns de euros para contratar máis profesionais, estabilizar ás persoas que agora mesmo traballan en precario no sistema público sanitario e poñer en marcha un plan de captación para o persoal que marchou do País.

Para elevar esta proposta ao Parlamento de Galiza, o BNG recollerá sinaturas en favor deste tipo de medidas, o vindeiro xoves 29 de setembro pola mañá diante do centro de saúde de Ribeira.

A Iniciativa Lexislativa Popular promovida por SOS Sanidade Pública, da que o BNG fai parte, demostra en palabras dos nacionalistas “o gran malestar que existe entre a poboación e o persoal médico polo deterioro que se está producindo na sanidade pública galega, especialmente na Atención Primaria”, cuestión que no Bloque atribúen a “unha política deliberada e planificada do PP, de querer deteriorar o público para beneficiar o privado”.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, considerou “unha temeridade que o PP se opoña a investir máis en Atención Primaria”. Neste sentido, informou “que o orzamento da Atención Primaria para este 2022 conta con 47 millóns de euros menos que no ano 2009 e que Galiza é a cuarta comunidade pola cola en investimento no que é o piar da sanidade pública, cun 12% fronte ao 14,2% da media do Estado español, unha diferenza sideral, tendo en conta que a dispersión poboacional galega esixe ademais máis recursos”.

Ao seu xuízo, “este é o resultado dunha política deliberada e planificada polo PP de recortes en Atención Primaria e de precariedade no persoal”. Tamén dixo que das 89 persoas que acabaron este ano o MIR de medicina de familia, só 30 están traballando na Atención Primaria do País. “Este é o resultado da precariedade e dos recortes do PP, que claramente o que está poñendo en risco é a saúde das persoas e hai que paralo porque coa saúde da xente non se xoga”, insistiu logo de comprometer o traballo do BNG para defender a sanidade pública galega porque “se falla a Atención Primaria, falla todo o sistema”, concluíu.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...