O 12 de setembro abren as inscricións para os cursos de natación en Porto do Son

06 Setembro 2022

A Piscina Municipal de Porto do Son está xa a tope de actividade, presentando as súas ofertas formativas para este curso 2022-2023 e que xa están a piques de abrir as súas inscricións: os cursillistas da tempada anterior (2021-2022) dende o luns 12 de setembro, os novos usuarios dende o venres 16 e os grupos de natación escolar (ANPAS) dende o luns 19 de setembro.

Ademais dende o Concello confirmaron que o inicio dos cursos está fixado para o luns 3 de outubro. As prazas serán limitadas. Quedarán reservadas no intre de asinar a folla de inscrición nas instalacións e achegar o certificado de conta bancario de xeito presencial.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.