O 12 de outubro celébrase a XVII edición da Carreira Pedestre de Lestrobe

07 Setembro 2022

O Concello de Dodro presentou este mércores 7 de setembro o cartel da XVII Carreira Pedestre de Lestrobe, que se vai celebrar o 12 de outubro.

O concelleiro de Educación, Deportes e Emprego Abel Tarrío Abuín estivo acompañado na presentación polo técnico municipal de Deportes Fernando Gonzalez Ares e pola madriña da proba, veciña de Dodro e seleccionadora galega de carreiras por montaña: Verónica Calvo Dopazo.

Despois de recuperar o evento no 2019 e logo dous anos de paréntese pola COVID-19 retómase o evento deportivo máis importante deste concello.

A carreira arrancará da rúa Fortunato Cruces a partir das 11.00 horas para as categorías de base e as 12.15 horas para a proba absoluta.

Nesta iniciativa deportiva poderán participar as persoas nadas a partir do ano 2019. Percorreranse as rúas de Lestrobe e a partir da categoría sub 14 os circuítos ampliaranse á veiga.

Os dorsais recolleranse a mesma mañá na escola unitaria de Lestrobe e a inscrición farase en Carreiras Galegas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.