Novo atraso na apertura da campaña marisqueira de Noia e pechada tamén a extracción de moluscos na Costa da Morte e de bateas en Ribeira

29 Setembro 2022

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) comunicou a última hora deste mércores o resultado das análises realizadas e a súa consecuencia: o peche das zonas 2 e 3 da ría de Muros-Noia, que se corresponden coa praia de Testal e a metade do banco da Misela. Agora apareceu a PSP, causante de intoxicacións paralizantes.
Desde a Confraría de Pescadores San Bartolomé explicaron que se trata dun peche cautelar, o que significa que non haberá que esperar a que se produzan dous resultados negativos para a apertura das devanditas zonas, senón que chegará cun.

Este venres tomaranse novas mostras nos bancos afectados e os resultados coñeceranse no transcurso da xornada do sábado. No caso de que o nivel de toxina descendese o suficiente, o depósito marcaría o luns como data de inicio da campaña marisqueira.

Por outra banda o Intecmar pechou zonas de extracción en Corme-Laxe e Camariñas desde este martes. As zonas de extracción de Corcubión-Fisterra xa permanecían pechadas desde o pasado mércores 21 de setembro.

No caso dos polígonos de bateas da comunidade, son numerosas as zonas pechadas por presenza de toxinas, entre elas en Ribeira, Sada e Cambados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.