No Araño ferido un home o colidir o motocultor que conducía contra un coche

26 Setembro 2022
Accidentes y noticias

O condutor do tractor de 74 anos necesitou asistencia médica, polo que foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago.

Ao fío das 19:30 horas de onte, o 112 Galicia recibiu información sobre a colisión entre un turismo e un tractor na AC-305, ao paso pola parroquia rianxeira de Araño. Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu diversas lesións e a calzada quedou afectada pola perda da carga que trasladaba o vehículo agrícola: uvas.

Igualmente, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como os voluntarios de Protección Civil e os Bombeiros de Boiro, aínda que a persoa ferida estaba liberada e accesible.  

Deste xeito, os axentes da Policía Local, que acudiron ao lugar do accidente logo de recibir o aviso do persoal do 112 Galicia, solicitaron a intervención dos equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de retirar os obstáculos da vía e recuperar as condicións de seguridade para a condución.

O home de 74 anos conducía un motocultor e resultou ferido por unha colisión contra un vehículo na estrada AC-305 na metade da recta de Araño no quilómetro 12 en dirección a Boiro.

R

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Dous prestixiosos espectáculos de danza chegan á Pobra polo Nadal

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza dous espectáculos de danza na localidade con motivo do Nadal 2024. "As artes escénicas son a pedra angular da axenda cultural da Pobra do Caramiñal nestas datas tan significativas con tanta vitalidade no noso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión