Mellorado o sistema de depuración e saneamento de augas residuais do concello de Muros

30 Setembro 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade de Muros para coñecer as actuacións desenvolvidas polo Concello para a mellora do sistema de depuración de augas residuais nos lugares de Torea e Serres, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta. O Goberno galego colaborou na iniciativa cunha achega superior aos 54.000 euros.

A través desta liña de axudas construíse un novo sistema de depuración no núcleo de Torea con capacidade para atender 25 habitantes. Na obra desmontáronse as tubaxes de saneamento existentes para colocar o novo sistema, que conta cunha arqueta de desbaste, un decantador-dixestor, un leito bacteriano, un pozo de inspección e un pozo filtrante, así como cun aliviadoiro para as augas pluviais.

Por outra banda, na parroquia de Serres realizouse unha rede separativa de saneamento no lugar de Campo de San Ramón. Inclúe un colector para augas fecais, con catro novos pozos e unha lonxitude de 74 metros, e outro para augas pluviais, con tres novos pozos e unha lonxitude de 62 metros. En ambos casos dispuxéronse tubaxes soterradas de PVC e pozos de rexistro con tapas estancas para evitar a entrada de augas pluviais. Estas obras serviron tamén para mellorar o Camiño do Prado.

Segundo sinalou Natalia Prieto, o Fondo de Compensación Ambiental, dotado este ano de 11,3M€, destínase ao funcionamento de servizos municipais relacionados coa protección do medio. Trátase dunha medida posta en marcha en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico, o que permitiu ata agora cofinanciar proxectos por un importe de 116.655.448 millóns de euros.

Novo proxecto beneficiario en Muros

As actuacións desenvolvidas en Muros enmárcanse na liña do fondo en concorrencia non competitiva, que suma este ano seis millóns de euros para 123 concellos con parques eólicos no seu ámbito xeográfico. Deles, 49 sitúanse na provincia da Coruña. A directora xeral destacou que Muros se volve beneficiar neste exercicio da medida, cunha achega superior aos 55.500 euros coa que ten previsto seguir mellorando o sistema de depuración municipal.

Entre as accións subvencionables do fondo inclúese a mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e a utilización de enerxías renovables. Con estas axudas, a Xunta tamén apoia os concellos na conservación da biodiversidade e a protección do espazo natural, con campañas divulgativas e plans ambientais ou a adquisición de equipamento de alta eficiencia enerxética, ademais de na dotación de medios.

A maiores, a localidade estase a beneficiar doutras iniciativas de apoio ás administracións locais, como a Orde de infraestruturas de uso público. Ao abeiro de todas elas, o Concello de Muros recibiu nos últimos anos máis de 1,6M€. 

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata....

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.